Como acción de promoción no marco de creación da ruta da Bella Otero, ideamos un evento para render homenaxe á nosa protagonista, simulando o seu retorno a Valga.
O evento realizouse en varias partes, tal e como mostra o cartel promocional. O alcalde recibiu á Bela Otero na Casa do Concello e posteriormente realizouse unha ofrenda floral diante da súa estatua no Parque Irmáns Dios Mosquera; a continuación fíxose a visita guiada ao Museo da Historia de Valga no cal hai unha parte adicada á súa persoa.
Na segunda fase do evento púidose gozar dun acto performance no que a Bella Otero estivo acompañada doutras tres mulleres máis: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.