O día 22 de marzo do 2018 presentouse aos medios de comunicación de Galicia a Ruta Rosaliana, tras ser presentada en Fitur 2018.
Como novidade, a adhesión do Concello de Santiago de Compostela, polo que son catro, os concellos integrantes deste itinerario turístico – cultural.
Como primeira acción de consolidación da ruta, os catro concellos organizan un evento para o día 26 de marzo: “As Rosalías da Vida”. “As Pegadas de Rosalía”, novo itinerario da Ruta Rosaliana promovido e deseñado por Galiciaesmas.