Blog Ruta Rosaliana

A Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía” conta con páxina web propia

Os Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural “As pegadas de Rosalía”. Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta. A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego, español e inglés, tamén acolle a versión actualizada da aplicación Contorna 360,…
Read More

Próxima saída: excursión na Ruta Rosaliana

  “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar… mórrome de soidades” Así reza unha das poesías máis famosas de Rosalía. O día 11 de maio teremos a oportunidade de escoitar esas campás (as da foto) e moito máis… (haberá sorpresas) nunha excursión organizada polos Concellos de Ames, Brión e Padrón Durante a xornada contaremos coa presenza do espíritu de Rosalía (a actriz Chiruca Tarrío); rematando o día cun acto na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia a…
Read More

Porque #Galiciaesmas e #RosaliaVive, novas accións na Ruta Rosaliana

Tras presentar oficialmente a nova Ruta Rosaliana a principios deste ano en Fitur 2018, o pasado venres 30 de novembro reunímonos Galiciaesmas cos representantes dos diferentes municipios integrantes da ruta para formalizar novas accións de fronte ao ano 2019. Así, a curto prazo, está a xestionarse un expediente para a declaración oficial da ruta como vía cultural, están a valorarse diferentes opcións de sinalización, e crearase unha web común na que recoller toda a información sobre a Ruta Rosaliana “As…
Read More

Excursión Ruta Rosaliana: “As Pegadas de Rosalía”. Próxima salida

Catro concellos e un nexo común: Rosalía de Castro O vindeiro sábado 5 de maio, e no marco das accións da ruta “As Pegadas de Rosalía“, unhas 100 persoas terán a oportunidade de realizar, e de maneira gratuíta, a Ruta Rosaliana presentada recentemente en Fitur 2018 e en varios medios de comunicación (entrevista para a Radio Galega no programa “A Tarde” a partir do minuto 35:13). Para realizar as reservas, teñen preferencia os veciños dos termos municipais organizadores: Ames, Brión, Padrón…
Read More

Rosalías da Vida

E porque a Rosalía mundial segue viva, foi e é unha muller bandeira e faro de moit@s para afrontar situacións na vida, nace: “Rosalías da Vida” Rosalías da Vida. No marco das accións de promoción da Ruta Rosaliana en Galicia, e como primeiro acto de consolidación do grupo de concellos integrantes do itinerario, o Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago de Compostela, organizan un evento para o luns 26 de marzo, coincidindo co Día Mundial de Prevención contra o Cancro…
Read More

Presentación nova Ruta Rosaliana en Fitur: “As Pegadas de Rosalía”

Empezamos o ano con novidades! Imos falar dun novo produto turístico para Galicia, deseñado e coordinado por Galicia é + e que será presentado en Fitur 2018. Trátase dunha # RutaRosaliana renovada, contemporánea, adaptada ás novas demandas e segundo a oferta de cada concello que forma parte da ruta. A partir do itinerario proposto por Avelino Abuín de Tembra nos anos 90, e coa axuda do actual Presidente da Fundación Rosalía de Castro, deseñamos a ruta “As Pegadas de Rosalía”.…
Read More