Blog As Pegadas de Rosalía

A Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía” conta con páxina web propia

Os Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural “As pegadas de Rosalía”. Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta. A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego, español e inglés, tamén acolle a versión actualizada da aplicación Contorna 360,…
Read More

Próxima saída: excursión na Ruta Rosaliana

  “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar… mórrome de soidades” Así reza unha das poesías máis famosas de Rosalía. O día 11 de maio teremos a oportunidade de escoitar esas campás (as da foto) e moito máis… (haberá sorpresas) nunha excursión organizada polos Concellos de Ames, Brión e Padrón Durante a xornada contaremos coa presenza do espíritu de Rosalía (a actriz Chiruca Tarrío); rematando o día cun acto na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia a…
Read More

Porque #Galiciaesmas e #RosaliaVive, novas accións na Ruta Rosaliana

Tras presentar oficialmente a nova Ruta Rosaliana a principios deste ano en Fitur 2018, o pasado venres 30 de novembro reunímonos Galiciaesmas cos representantes dos diferentes municipios integrantes da ruta para formalizar novas accións de fronte ao ano 2019. Así, a curto prazo, está a xestionarse un expediente para a declaración oficial da ruta como vía cultural, están a valorarse diferentes opcións de sinalización, e crearase unha web común na que recoller toda a información sobre a Ruta Rosaliana “As…
Read More

A Ruta Rosaliana “As pegadas de Rosalía” énchese de emocións

O pasado 5 de maio, unhas cen persoas tiveron a oportunidade de realizar de maneira gratuíta un percorrido pola Ruta Rosaliana “As pegadas de Rosalía“. Os veciños dos municipios organizadores desta ruta: Ames, Brión, Padrón e Santiago de Compostela visitaron, ao longo de todo o día, os lugares máis emblemáticos na vida da escritora. Durante este itinerario cultural desenvolvido a partir da ruta deseñada polo intelectual Avelino Abuín de Tembra os asistentes contaron coa presenza do “espírito” de Rosalía interpretado pola…
Read More

Presentación da Ruta Rosaliana en Galicia

O día 22 de marzo do 2018 presentouse aos medios de comunicación de Galicia a Ruta Rosaliana, tras ser presentada en Fitur 2018. Como novidade, a adhesión do Concello de Santiago de Compostela, polo que son catro, os concellos integrantes deste itinerario turístico – cultural. Como primeira acción de consolidación da ruta, os catro concellos organizan un evento para o día 26 de marzo: “As Rosalías da Vida”. “As Pegadas de Rosalía”, novo itinerario da Ruta Rosaliana promovido e deseñado…
Read More

Novas accións para a Ruta Rosaliana en Galicia “As Pegadas de Rosalía”

Tal e como comunicaba estes días o Concello de Ames, nos próximos meses realizaranse varias accións sobre a Ruta Rosaliana en Galicia “ As Pegadas de Rosalía”. Na reunión celebrada o pasado mércores 29 de febreiro nas instalacións de devandito concello, realizouse un balance dos traballos realizados, entre eles, a acción de promoción realizada en Fitur 2018. Concluíuse que foron uns excelentes resultados, polo cal, os tres Concellos fundadores de “As Pegadas de Rosalía” Ames, Brión e Padrón, decidiron executar…
Read More