campa

Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar… mórrome de soidades”

Así reza unha das poesías máis famosas de Rosalía. O día 11 de maio teremos a oportunidade de escoitar esas campás (as da foto) e moito máis… (haberá sorpresas) nunha excursión organizada polos Concellos de Ames, Brión e Padrón

Durante a xornada contaremos coa presenza do espíritu de Rosalía (a actriz Chiruca Tarrío); rematando o día cun acto na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia a cargo de Anna Mélikhova: soprano rusa afincada na terra de Rosalía.

Agardamos por vós tras #AsPegadasdeRosalía”!

PERCORRIDO

Panteón de Galegos Ilustres, Igrexa de Bonaval
Praza de Vigo
San Xoán de Ortoño
Igrexa de Bastavales
Comida libre en Padrón
Visitas a lugares rosalianos en Padrón
Casa Museo Rosalía de Castro
Acto final Santa María a Maior de Iria Flavia

+ info. nos carteis seguintes: