Tras presentar oficialmente a nova Ruta Rosaliana a principios deste ano en Fitur 2018, o pasado venres 30 de novembro reunímonos Galiciaesmas cos representantes dos diferentes municipios integrantes da ruta para formalizar novas accións de fronte ao ano 2019.
Ruta-rosaliana-galiciaesmas
Así, a curto prazo, está a xestionarse un expediente para a declaración oficial da ruta como vía cultural, están a valorarse diferentes opcións de sinalización, e crearase unha web común na que recoller toda a información sobre a Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía”.
A medio prazo, espéranse realizar novas accións promocionais durante o ano 2019, e  a longo prazo crear unha ruta peonil e de ciclismo.

Seguimos porque #RosalíaVive e #Galiciaesmas!

Ames, Brión, Padrón e Santiago

Nota de Prensa oficial na web do Concello de Ames

Foto: Concello de Ames