Catro concellos e un nexo común: Rosalía de Castro
O vindeiro sábado 5 de maio, e no marco das accións da ruta “As Pegadas de Rosalía“, unhas 100 persoas terán a oportunidade de realizar, e de maneira gratuíta, a Ruta Rosaliana presentada recentemente en Fitur 2018 e en varios medios de comunicación (entrevista para a Radio Galega no programa “A Tarde” a partir do minuto 35:13).
Para realizar as reservas, teñen preferencia os veciños dos termos municipais organizadores: Ames, Brión, Padrón e Santiago de Compostela. E deberán facelo a través dos teléfonos e correos electrónicos dos carteis que aparecen a continuación.
Excursión xestionada e coordinada por “Galicia es mas” na que se descubrirá esoutra Rosalía de Castro a través do seu espírito que nos acompañará durante todo o percorrido… Alí vémonos!
CONCELLO DE AMES
CONCELLO DE BRIÓN
CONCELLO DE PADRÓN
CONCELLO DE PADRÓN