E porque a Rosalía mundial segue viva, foi e é unha muller bandeira e faro de moit@s para afrontar situacións na vida, nace:
“Rosalías da Vida”
Rosalías da Vida. No marco das accións de promoción da Ruta Rosaliana en Galicia, e como primeiro acto de consolidación do grupo de concellos integrantes do itinerario, o Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago de Compostela, organizan un evento para o luns 26 de marzo, coincidindo co Día Mundial de Prevención contra o Cancro Uterino; enfermidade pola que morreu a protagonista, Rosalía de Castro: “ Rosalías dá Vida”
“Rosalías da Vida”
O luns 26 de marzo na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón, a partir das 18.00 h. celebrarase este encontro. Trátase dun evento que pretende converterse na primeira edición dunha cita anual, con protagonistas singulares como son todas esas mulleres que se senten un “pouco Rosalías”.
O evento divídese en dúas partes. Na primeira parte unha “performace” con visita teatralizada á Casa de Rosalía, na que o seu espírito conta a súa vida: as súas alegrías, tristezas e melancolías que non eran deste mundo… acompañada en momentos puntuais pola música do violín de Javier Cedrón e o piano de Margarita Viso. Nunha segunda parte, inaugurada pola Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, varias mulleres de hoxe día falarannos do seu día a día e dos seus retos.
Ao longo da historia atopamos numerosas mulleres Rosalía, que conseguen superar enfermidades e situacións de gran dureza saíndo ao encontro de si mesmas e atopando no camiño a súa propia esencia a través da danza, a música, a literatura… grandes mulleres como foron: Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Maria Vinyals, A Bela Otero… ou Filomena Fraga, Guadalupe Piñeiro, Rosa Romero… Pero tamén homes! Algún haberá na mesa redonda…
Para a primeira parte do evento, haberá dous pases de visitas teatralizadas a Casa Museo, ás 18.00 h e ás 19.00 h.; con inscrición previa por haber prazas limitadas (646 593 319 ou turismo@padron.gal). Para a segunda parte, mesa redonda, non é necesaria inscrición. É un acto aberto ao público ata completar aforamento.
Porque a Rosalía mundial segue viva, foi e é unha muller bandeira e faro de much@ s para afrontar situacións na vida