O martes 27 de febreiro do 2018 estivemos cos alumnos de “Intermediación Turística II” do dobre Grao de Turismo e Economía do CENP para explicarlles o funcionamento da nosa empresa, Galicia es +
Foi o primeiro acto público coa nosa nova forma xurídica: Tau Turismo & Travel, SC. Marca comercial: Galicia é +, slogan, Galicia con Alma. Maria Luisa Ferreiro Veiga e eu demos outro paso adiante e formalizamos en “un todo” o noso traballo futuro. Aínda que nada práctico cambia…
Foi unha mañá estupenda, compartindo a nosa humilde experiencia coas novas xeracións que se están formando en turismo. Eles serán os que realicen o verdadeiro cambio… e animámoslles a pensar, a loitar… a ser diferentes. Con iso estará garantida a innovación, a diferenciación…
Como conclusión, dicir que ata nós saímos motivadas!
Foto: CENP A Coruña