O vindeiro sábado 10 de marzo, desde Galicia es + xestionamos unha das excursións que realiza o Concello de Padrón con motivo da realización das Xornadas Gastronómicas da lamprea en Padrón
Será unha visita orientada á gastronomía típica e local de Padrón, desde o propio terreo… ata o prato! Empezaremos a xornada coa visita ao Convento Franciscano de Herbón, moi relacionado co mundo da lamprea e do pemento de Herbón… e continuaremos cun pequeno paseo pola zona seguindo o trazado da Ruta do Pemento de Herbón.
A nosa guía encargarase de levarnos ás famosas pesqueiras e descubrirnos o mundo da lamprea… Para terminar a mañá, realizaremos unha degustación de lamprea acompañada dun viño (opcional, previo pago de 10€).
Para facilitar os traslados, haberá un autobús con saída e chegada desde Padrón. Incricións ata o mércores 7 de marzo do 201 en 646 59 33 19 / turismo@padron.gal
Alí nos vemos!
+ info: Web Xornadas Gastronómicas das Lamprea