Empezamos o ano con novidades!

Imos falar dun novo produto turístico para Galicia, deseñado e coordinado por Galicia é + e que será presentado en Fitur 2018.

ruta-rosaliana-pegadas-de-rosalia

Trátase dunha # RutaRosaliana renovada, contemporánea, adaptada ás novas demandas e segundo a oferta de cada concello que forma parte da ruta.

A partir do itinerario proposto por Avelino Abuín de Tembra nos anos 90, e coa axuda do actual Presidente da Fundación Rosalía de Castro, deseñamos a ruta “As Pegadas de Rosalía”. Un itinerario, que no seu día Avelino Abuín de Tembra introducía así:

A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. A Fundación quere ofrecerlles ós devotos da figura e da obra rosalianas un sinxelo roteiro de saudades. Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia. Pero parece claro que a RUTA se pode adaptar ás conveniencias de cadaquén, tanto na súa extensión como na orde do percorrido. Esta é unha peregrinaxe de lembranzas íntimas. Un simple guión indicativo que se lles facilita aos viaxeiros que busquen rememorar a Rosalía como un latexo no noso corazón”.

Avelino Abuín de Tembra

Fixemos caso, e en función dos datos actuais de oferta e demanda, coa correcta xestión dos técnicos municipais dos concellos de Ames, Brión e Padrón, e grazas ao apoio da Fundación Rosalía de Castro, creamos unha proposta adaptable a todos os petos e demandas: pódese facer no medio día, ou en 3 días; con propostas de gastronomía, sendeirismo, termalismo… En breve teremos toda a información dispoñible na nosa web e nas web dos municipios participantes. E por se non vos destes conta, informarvos que contamos cun gran deseñador, Xosé Vizoso, autor da imaxe da ruta. Engadimos agradecementos a APATRIGAL, incondicionais co seu apoio a Galicia é +.

Aos que esteades por Fitur o venres 19 de xaneiro, convidámosvos á presentación que será ás 10.30 no stand de Galicia; adiantámosvos que haberá… sorpresa: contaremos coa presenza do espírito de Rosalía.

Aos que non poidades asistir presencialmente a Fitur, teredes a oportunidade de gozar da ruta en breve: facéndoa por libre coa información do folleto e da web; ou anotándote a varias saídas que se realizarán ao longo do ano 2018.

presentacion-Ruta-Rosaliana-FITUR

Sombra que asombras en el camino,
asomas y te liberas en el caminar.
Avanzas en el peregrinaje del alma
huella de la rosa, libre ya de sombras,
con las campanas que han mostrado las puertas de tu hogar.

María Luisa Ferreiro Veiga – Cantos á soidade Oda a Rosalia de Castro