presentacion-caminos-sagrados

Mércores 21 de xuño, día do solsticio de verán, tivo lugar a presentación de “Camiños Sacros” e de “Galicia é +” no Auditorio do Museo de Peregrinacións de Santiago de Compostela.

María Luisa Ferreiro Veiga cofundadora de Galicia é + e propulsora dos Camiños Sacros, abre o evento presentándoos. Galicia posúe unha rede de camiños que conducen á alma. Estes camiños desde os nosos devanceiros proporcionaron en quen os camiña, numerosos beneficios ao beber das súas fontes, gozar das súas paraxes e os seus mosteiros, templos naturais… Cada lugar como cada camiño, desde outrora ten un labor.

Desde Galicia, en unión con outros camiños sacros do mundo e culturas de terra, os Camiños Sacros de Galicia tecen o camiño en unidade e liberación da alma. Para moitas persoas estes beneficios foron milagres; para outros unha liberación e encontro. Pero de calquera forma, sexa cal for o labor do camiñante para percorrelos, estes deixan pegada.

A velada, segue coa emotiva intervención de Francisco Castro, Pai Gardián do Convento de San Francisco de Santiago centrada na espiritualidade do que camiña: peregrinos, viaxeiros no Camiño de Santiago… Persoas que están en constante procura da alma… da súa alma e a de Galicia. Tal e como comenta Francisco Castro, cando falas cos peregrinos todos coinciden en que facer o Camiño de Santiago ten un “algo” que lles leva a conectar cos valores (que non se cotizan, nin se producen no mercado) como son a espiritualidade, amizade, esperanza, bondade, compaixón, solidariedade, o AMOR que se fabrica no noso corazón. Somos ricos.

Minia Do Río Arca, cofundadora de Galicia é +, falou sobre a orixe da empresa, como naceu, agradecendo a todas as persoas que levan un trocito dela: familia e amigos, colaboradores, empresas, entidades e administracións…

Galicia é + é un proxecto que nace hai varios anos e que hoxe é unha realidade. É unha axencia receptiva de Galicia, xestor do territorio que deseña, crea e comercializa produtos turísticos con alma dirixidos a un viaxeiros – camiñantes ávidos de descubrir a alma de Galicia; a nosa autenticidade, identidade a través da natureza, a paisaxe, o patrimonio, a cultura, a etnografía, a música, a poesía, o folclore, a danza, a artesanía… connosco, a súa xente!

O evento seguiu coas intervencións de Carlos Sánchez Montaña de Segretos de Galicia: rede colaborativa de produtores de gastronomía, artesanía e turismo cultural; centrada no camiñar das persoas, aceno que nos identifica e diferenza. Carlos Henrique Fernández Coto: presidente de APATRIGAL, asociación para a defensa do patrimonio de Galicia. Falounos da riqueza de Galicia e da súa relación cos camiños… hai miles de camiños, porque camiño, xa é por exemplo, o que realizaba os nosos antepasados para ir buscar auga ás fontes.

asistentes-presentacion

Tras a despedida do evento, máis das metade dos asistentes percorreron o seu propio camiño ata chegar ao Convento de San Francisco, onde lles esperaba o seu Gardián, Francisco Castro para dirixir unha Meditación pola Paz, para que os camiñantes puidesen sentir no seu corazón o que é a súa propia vida. Terminando cunha bendición: un alento para o día a día. Como broche final, seguiron coa visita ao Museo de Terra Santa que se atopa dentro das instalacións do propio convento e un pequeno percorrido polos principais puntos de interese do lugar.

Un evento que plantou a semente da procura da alma no que camiña, a espiritualidade a través da recuperación dos valores que conflúen no camiñar dos Camiños Sacros de Galicia.

Te acompañamos a conocer destinos  transformadores con esencia propia.

“Alcanzamos la razón más profunda,

origen de nuestros caminantes.

Canto, música y fuerza del verbo

Encriptado en el fuego, tierra, mar y aire

Escrito en nuestras piedras, petroglifos y epígrafes

Oculto en textos sagrados, templos y monasterios

Fluyen intensos en el río los secretos guardados

en retorno a la vida del árbol”

By María Luisa Ferreiro Veiga