Hoxe queremos escribir sobre os beneficios do viaxar nas persoas, sobre os efectos que nos produce. Pensastes por que os peregrinos do Camiño de Santiago repiten e repiten? Por que cando facemos unha viaxenos sentimos tan ben (ou tan mal)? Por que chega un día no que nos apetece desconectar e saír correndo a un lugar para estar sós, atoparnos connosco mesmos, co noso ‘yo’ interno?
En Galcia es + decidimos crear un novo concepto de viaxes por Galicia e o resto do mundo. Unhas viaxes que teñan como obxectivo o benestar do viaxeiro, os que por concepto técnico defínense como “turismo enerxético“. Galicia é toda ela enerxía; Galicia conta con varios puntos e camiños (Camiños Sacros) capaces de sacar o mellor de nós cando permanecemos neses lugares.
Se queredes empezar a descubrilos, animámosvos a que vos rexistredes no noso boletín na páxina web de Galicia é + ou nos facilitedes o voso correo electrónico, porque mensualmente enviamos un e-mail con información sobre estas viaxes enerxéticas e da viaxe interior que estamos a organizar. De momento, podedes acompañarnos en:
- Retiro da Pedronía o próximo 27 e 28 de maio ou baixo demanda cando nos solicitedes; para un grupo mínimo de 5 persoas.
- Excursión dun día a Laxe para facer turismo e terapias. O próximo 17 de xuño da 2017
- Viaxe de 8 días por Galicia, descubrindo os lugares relacionados cos templarios: Galicia Templaria, do 26 de setembro ao 4 de outubro do 2017
- Camiño de Santiago alquímico do 1 ao 8 de setembro do 2017, para descubrir a esencia do Camiño de Santiago Francés no que un terapeuta guiarache durante o camiño e descubrirá a través de talleres e masaxes holísticos.
A venda destas viaxes realizámolas con Viaxes Alma Gaia se es cliente final, e con Galicia é + se es outra axencia de viaxes.
Ven a descubrir connosco a Galicia auténtica, enerxética, porque Galicia… é máis: