Radio Cadena Ser. Hoy por hoy Santiago, podscat:
Onte, 24.02.22 María Luisa Ferreiro Veiga, Ceo de Galia é +, presontou como invitada no programa da Cadena Ser para o concello de Ames, a labor na que leva traballando durante o pasado ano ” Ames, patrimonio único e intrasferibel”
Blas García, alcalde de Ames, xunto con Manuel Lens concelleiro de turismo puxeron en valor durante o programa o valores turísticos do Concello así coma a importancia do seu desenvolvemento na sociedade amensá.
“O inventario turístico presentado vai moito mais alá dunha mera recopilación de datos. É unha adaptación dos recursos no Concello de Ames dende unha visión contemporánea do eido turístico, na que poñer en valor o patrimonio inmaterial e material integrado no consumo actual do visitante e por tanto, a chave do desenvolvemento técnico. Isto so é posible creando conciencia do valor das accións turísticas na sociedade local.
Achégase no proxecto unha ordenación do inventario turístico xunto a unha investigación cuantitativa e cualitativa que permite fundamentar diferentes propostas cara o posicionamiento e éxito do turismo en Ames.
“…adoitar un sentido amplo da cultura aplicada ao turismo supón a unificación de trazos materiáis, históricos, gastronómicos, intelectuáis, espirituais ou emocionais que caracterizan a unha sociedade ou grupo social.
É por tanto a suma do tanxible e intanxible que fai da autenticidade no destino un valor engadido e único no territorio, polo que permite posicionar ao concello no eido turístico da comunidade autónoma.”
Fonte: Ferreiro Veiga, María Luisa. Ames, patrimonio único e intrasferibel.